Páginas

sábado, 10 de novembro de 2012

Acordos da Asemblea Popular do Movemento Social Ferrol Terra

Celebrada a Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra, no local da Asociación Veciñal de Esteiro, o Sábado, 10 de Novembro de 2012, ás 11 da mañá, despois de deliberar sobre a convocatoria de Folga Xeral e da Xornada de Loita Europea do 14N, acordou o que segue:


1º Apoiar a convocatoria das centrais sindicais e da Alianza Social Galega.
2º Asumir o Manifesto da Alianza Social Galega.
3º Participar activamente na campaña de convocatoria e na propia xornada de Folga.
4º Elaborar unha folla informativa coas valoracións e contribucións emanadas da propia Asemblea.
5º Convocar unha Rolda de Prensa para o Luns 12 de Novembro ás 12 do mediodía.
6º  Convocar unha 'Culebra Social' (Marcha) por Ferrol, o Martes 13 de Novembro, en apoio á Folga Xeral e da Xornada de Loita Europea do 14N.
7º Participar nas asembleas e nos piquetes informativos.
8º Elaborar consignas para repartir e berrar na Manifestación. Levar todos os megáfonos dos que se dispoña para activar a manifestaçom con consignas e cantos. Convidar a levar mans de distintas cores, en cartolinas ou folios para visualiza-las na manifestación.

***

Nenhum comentário:

Postar um comentário