Páginas

sábado, 10 de novembro de 2012

Convocatoria de Rolda de Prensa - Luns 12 de Novembro

PERSOAS VINCULADAS AO MOVEMENTO SOCIAL DE FERROLTERRA CONVOCAN UNHA ROLDA DE PRENSA PARA AMOSAR O SEU POSICIONAMENTO SOBRE A FOLGA XERAL DO VINDEIRO 14 DE NOVEMBRO.

Hoxe, sábado 10 de novembro, de 11 a 14 horas tivo lugar unha Asemblea Popular de persoas activistas do Movemento Social de Ferrolterra (cultural, veciñal, asociativo, ecoloxista e sindical) para configurar unha táctica de apoio activo á Folga Xeral e Xornada de Loita Social do 14N .


A xuntanza foi promovida, por diferentes persoas integrantes do movemento asociativo e sindical da comarca. Foi unha xuntanza realizada en réxime de Auto-Convocatoria, ante a moi grave situación que estamos a padecer en Ferrolterra, Galiza, ... e no resto de Europa, como consecuencia das decisións adoptadas, pola chamada troika (BCE, FMI e CE) e polos gobernos de Madrid e Compostela.

A Asemblea Popular, deliberou e tomou decisións sobre a convocatoria de Folga Xeral que quere manifestar en Rolda de Prensa o vindeiro luns 12 de novembro, ás 12 do mediodía no salón de actos e exposicións da Galería Sargadelos, sita en Ferrol, cruce das rúas María e Rubalcaba, próxima ao Pazo Municipal.

Agradecendo de antemán a súa presencia, despido-me de Vostedes atentamente.

En Ferrol, 10 de Novembro de 2012.

Asinado no nome das persoas que participaron na citada Asemblea.

Inácio Martínez Orero
DNI Nº 32612684H

(Telefonos de contacto 645158113 e 981946412)

***

Nenhum comentário:

Postar um comentário