Páginas

domingo, 11 de novembro de 2012

Folla Informativa para a difusión da Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á folga xeral e xornada de loita social en Europa

O 14N TOD@S Á FOLGA XERAL, SOCIAL E DE CONSUMO
Participemos na Xornada de Loita Europea

  • Polo reparto da riqueza e do traballo.
  • Por unha economía ao servizo das persoas non dos mercados e especuladores.
  • Por unha renda social básica e universal.
  • Polo dereito á libre circulación das persoas.
  • Nunca máis bancos con casas e xente sen casa.
  • Por unha banca pública.
  • A economía aos servizo das persoas e do medio ambiente.
  • Por uns servizos sociais (sanidade, ensino, servizos sociais, dependencia), sen copago, solidarios, públicos e universais.


Ante a moi grave situación que estamos a padecer en Ferrolterra, Galiza, ... e no resto de Europa, como consecuencia das decisións adoptadas, pola chamada troika (BCE, FMI e CE) e polos seus encargados, os gobernos de Ferrol, Madrid e Compostela, do dereitista Partido Popular que en forma de orzamentos, privatizacións, recortes públicos e de dereitos sociais e laborais, están saqueando os nosos bens, o noso patrimonio social, o noso tecido produtivo e económico, arruinando-nos como País e empobrecendo-nos como Pobo, o 14 de novembro está convocada unha folga xeral e xornada de loita social en Europa. O obxectivo desta mobilización é dar un golpe coordinado en todo o continente ao poder do capital transnacional e financeiro, que está ditando aos seus encargados, os gobernos, medidas de recortes e reformas que nos levan á pobreza e á máis absoluta das desproteccións e perda de dereitos. Están roubando miles de millóns de euros a todo o pobo e ás arcas públicas para pagar a débeda ilexítima e os seus intereses, para rescatar a súa banca e as súas grandes empresas.

Pensionistas, desempregad@s, labreg@s, estudantes, pequeno empresariado e comercio, autónom@s, inmigrantes con papeis, sen papeis, mozas e mozos... están chamados a mobilizarse, xunto aos traballadores e traballadoras en activo, e facer desta xornada europea de loita social, o primeiro dos últimos dias dos gobernos que en Europa son obedientes á troika (FMI,BCE,CE), e están dispostos a pagar aos grupos financeiros, unha devida ilexítima, antes do que asegurar o noso dereito á saúde, á educación, a unha vivenda digna, a un retiro tranquilo e con seguridade, e crear os postos de traballo necesarios, que permitan unha vida en condicións dignas.

Vencer á Troika e aos seus gobernos encargados!
Xuntos e xuntas temos poder para facelo!

Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á folga xeral e xornada de loita social en Europa.

QUE PODO FACER O 14N?
  • Non acudir ao posto de traballo.
  • Participar nos piquetes convocados polos sindicatos.
  • (Ás 00:00 do día 14, na Praza do Concello de Ferrol, e nova concentración de piquete ás 05:00)
  • Os cinco primeiros minutos do día 14, apagar a luz.
  • Non acudir aos bancos, nin utilizar os caixeiros.
  • Non repostar nas gasolineiras.
  • Non enviar aos nenos e nenas á escola.
  • Non acudir a centros de ensino nin Universidades.
  • Non acudir ás citas médicas, acudir a urxencias en caso necesario.
  • Reducir o consumo eléctrico ao longo de todo o día:
  • apagar o televisor, usar a luz e electrodomésticos imprescindíbeis.
  • Non realizar ningún tipo de consumo fora da casa, nin en      cafetarías,tendas, hipermercados...
  • Reducir no posíbel o consumo na casa.
  • Acudir á manifestación ás 12hs no Inferniño.

QUE PODO FACER DESPOIS DA MANIFESTACIÓN?
  • Non entrar en ningún establecemento aberto.
  • Participar nos piquetes que se organicen de tarde.
  • Xuntarse familias ou amistades para compartir comida o resto do día, aforrando consumo enerxético.


***

Baixar a folla informativa en formato -pdf.

***

Nenhum comentário:

Postar um comentário